Bo final

O Compos pechou a pretempada 2017/18 cunha nova vitoria ante un rival de nivel inferior nun partido onde houbo que, de novo, amosar a capacidade de reacción coa que conta o equipo. Remontada ante o Puebla cun equipo onde se estrearon Adrián e Yago, os dous no once titular, e no que o dianteiro foi quen de anotar un gol importante, o segundo.


Remontada.
O Puebla saiu ao terreo de xogo con intencións de sorprender aos rivais e aproveitar calquera erro para e así é que Viturro puido adiantar aos locais superados os dez minutos sorprendendo sobre o terreo de xogo do Campo de Cadreche. 
Malia xogar cun once moi diferente ao que Yago Iglesias usará durante a tempada, o equipo branquiazul non baixou os brazos e buscou a porta pobrense con todo conseguindo igualar o resultado antes da media hora de xogo dende os once metros. Penalti sobre Cardeñosa, claro, e gol de Tomás. 
Co empate, as ocasións a prol da Esedé sucedéronse pero non foi ata o último minuto do primeiro tempo cando Yago, que se estreaba sobre terreo de xogo co primeiro equipo, anotou o tanto da vitoria a pase de Alberto. 

Bo final.
Con este triunfo caeu do lado compostelán a sexta vitoria da pretempada a sete días para arrincar a tempada oficial na casa ante o Silva. Ademais, nos nove partidos xogados, 19 goles a favor e 13 en contra caendo só ante Lugo e Noia, que está a facer unha gran pretempada chegando á Final da Copa Deputación.
Agora, hai que agardar ata o vindeiro domingo para recibir ao Silva en San Lázaro no comezo da volta da Esedé á Segunda B.

ALIÑACIÓN: Lucas; Sergio, Adrián, Cardeñosa, Queiruga, Saro; Samu, Alberto; Rubén, Tomás e Yago.
CARTÓNS: -.
GOLES: 1-0 11' Viturro, 1-1 27' Tomás, 1-2 44' Yago.
CAMPO: Cadreche.

Ningún comentario:

Publicar un comentario