Tres puntos de ouro

Logo do empate do Silva do sábado, o Compos non perdoou a vida ao Vilalonga nun mal partido por parte dos dous conxuntos que contou cun pouco de todo. Remontada, un penalti errado e lea nas bancadas onde o bo fútbol non fixo acto de presenza. Por sorte, os tres puntos veñen cara Santiago e súmase así a sétima xornada sen coñecer a derrota. 


Mellor o Vilalonga no arrinque. 
En San Pedro, os primeiros intres de xogo non puideron chegar peor para os intereses branquiazuis. De feito, o cadro local adiantouse aos sete minutos de xogo cunha xogada a balón parado que transformou Javier sobre a porta de Lucas. 
O gol local serviu de pouco nun campo onde non se puido gozar dun bo encontro, mais si houbo emoción ata o final do mesmo cos nosos creando máis perigo ca un rival da zona baixa que non foi quen de aguantar co paso dos minutos. 

Cinco minutos moi importantes.
Os minutos finais do primeiro tempo deixaron non só emoción senón, tamén, un gol e un erro importante. De feito, Primo meteuse na área local e sufriu unha entrada. Penalti e ocasión para igualar o resultado. Pero a sorte non semellaba estar do lado do dianteiro cántabro que non foi quen de transformar a pena máxima. O gardamallas local mandou o balón a córner e na seguinte xogada foi Mon o encargado de non perdoar diante de Marcos Bermúdez empatando o resultado. 
Iso non foi todo. Se o final do primeiro tempo foi moi positivo, o comezo do segundo non foi peor para os nosos intereses. Primo, que errou o penalti antes do tempo de lecer, asinou o segundo tanto da tarde para conseguir unha remontada importantísima, de líder. 

Sen máis. 
O segundo tempo non contou con moita máis emoción. O Compos foi quen de aguantar a vitoria ata o final e quedar con tres puntos moi importantes nun campo onde aínda non se perdeu nunca. Ademais, aproveitando o erro do Bergantiños, o equipo é novo líder da Terceira galega a dúas xornadas para o final da primeira volta. 

Agora, o equipo xa ten que pensar no partido contra o Arenteiro o vindeiro domingo en San Lázaro, no que será o derradeiro xogo dos nosos na casa antes do Nadal e do parón pola Copa de Rexións da UEFA, onde semella que estarán Róber e Alex Ares, convocados por terceira vez por 'Pichi' Lucas para o terceiro encontro de preparación, o mércores ante o Cerceda no Roxo. 

ALIÑACIÓN: Lucas; Sergio, Casas, Uña, Naveira; Mon, Tomás; Róber, Tomás (Saro, min. 87), Rubén (Sobrido, min. 63); e Santi (Ube, min. 81). 
CARTÓNS: Amarelos para Rubén, Mon e Primo. 
GOLES: 1-0 7' Javier, 1-1 44' Mon, 1-2 50' Primo. 
CAMPO: San Pedro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario