E fin

O Compos pon punto e final á pretempada cun último torneo amigable. Unha festa fóra de Santiago para celebrar a 43 edición do 'Trofeo Conde de Fenosa', que se xoga no Campo da Alta, na Pobra do Caramiñal. Un torneo no que non será a primeira aparición dun equipo da Esedé xa que alá polo ano 2011, a final foi un Deportivo de veteranos contra o Compos de veteranos.


Fin da pretempada.
A unha semana exacta para o comezo da liga 2017/18 e menos de 24 horas despois de rematar o enfrontamento ante o Racing Vilalbés na Magdalena, o Compos pon punto e final a unha preparación que semella non deixar todas as boas sensacións que se esperaban do noso equipo. Si ben é certo que as novas fichaxes están a demostrar un gran nivel, os resultados non son tan bos como poderían con derrotas importantes, e mal xogo, coma a sufrida ante o Lugo ou ante o Noia. Por contra, tamén hai que falar de bos resultados coma as vitorias ante Negreira, Cerceda ou Céltiga, facendo bo fútbol.
En total, o Compos pon o final a esta pretempada con 5 vitorias, 1 empate e 2 derrotas deixando, ademais, un mal sabor de boca na curta participación na Copa Deputación, onde o Noia segue a sorprender gañando a algúns favoritos de cara ao ascenso como son Compos e Bergantiños, prantándose nunha difícil semifinal ante o Boiro.

O Puebla, con tempo.
O equipo local, o Puebla, chega a este partido con dúas semanas máis para preparar a súa estrea nunha nova tempada na Primeira Autonómica. O equipo de Anxo Casalderrey quedou ás portas do ascenso a pasada tempada logo de rematar cuarto e este ano buscarán volver á Preferente Norte da man do ex adestrador da Esedé.
Esta tempada, no grupo 2 da 1ª galega, comezarán a liga o 3 de setembro na casa ante o Silleda.

Sen pezas importantes.
Yago Iglesias contará para este partido, de novo, con tres baixas importantes. Ube estará fóra dos terreos de xogo entre un mes e mes e medio por unha escordadura grave de nocello. Primo, cun golpe, estará dispoñible para o encontro ante o Silva. E Diego Rey, que todavía non puido probarse neste novo curso, seguirá de baixa unhas semanas máis.

Festa, sol e calor.
Este domingo, excursión á Pobra do Caramiñal con todo de cara para pasar unha boa tarde-noite de praia e fútbol. Co bo tempo que hai agora na nosa terra, non pode haber mellor plan que pasar o día gozando do verán para rematar no Campo de Cadreche ás 19 horas vendo un interesante Puebla-Compos.
Quen non poida asistir ao encontro, como é habitual, poderá seguilo en directo a través das redes sociais da Curva Branquiazul, Facebook e Twitter.

Ningún comentario:

Publicar un comentario