30 de xuño


Final oficial da tempada 2016/17. Os xogadores con contrato ata o final da tempada quedan hoxe totalmente libres para negociar con quen queiran. Un final de curso que nos leva a pensar no que pasou hai hoxe catro anos en terras murcianas, onde o Compos conseguía o tan traballado ascenso á Segunda B sumando o segundo ascenso consecutivo en cousa de dous anos. Un triunfo para a historia cun dos mellores equipos que se recordan por Santiago nos últimos anos.
Un bo xeito de despedir esta sección do blog ata o mes de agosto. 

30 de xuño de 2013.
Con Fredi no banco na súa primeira etapa como adestrador branquiazul, o Compos asinou unha enorme segunda volta no campionato regular rematando no terceiro posto. Tres vitorias na casa e dous empates a domicilio despois era o momento de viaxar a Cieza para rematar o traballo. 
Un traballo para o que o adestrador de Moaña sacou a Adrián, Borja, Castiñeiras, Rendo, Jimmy, Gonzalo, Manu Rodríguez, Yahvé, Jordan, Franqueira e Joselu, aos que engadir logo a Christian, Mariño e Marcos Suárez. Un traballo que comezaba coa intención de non encaixar goles, malia contar cunha diferenza de dous tantos, e buscar un aumento na conta. De feito, o Compos foi superior ao equipo local durante todo o partido e, xa na segunda metade, foi quen de transformar esa superioridade en goles. Jordan asinou o primeiro logo da reanudación do xogo e Marcos Suárez, sen tempo para unha posible reacción murciana, fixo o segundo igualando o resultado da ida e confirmando a volta do equipo a categorías nacionais. 
Un partido onde o mellor non foi o ascenso senón o bo trato aos seareiros branquiazuis que se desprazaron en coche ou bus dende a capital galega. Unha viaxe que á volta se fixo máis cómoda cun ascenso no peto.
O resumo do partido, aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario