27 de maio


Hoxe, día que comeza a volta dos partidos da primeira rolda da fase de ascenso mentres os nosos desfrutan dunhas merecidas vacacións estudando o seu futuro, nós temos que achegar un precedente dun encontro dos nosos un día coma hoxe. Un encontro que data de hai 16 anos na Segunda división e que rematou con empate en San Lázaro. 

27 de maio de 2001.
Con catro xornadas por diante e o Compos xogándose a vida na categoría de prata, que abandonaría cun descenso moi axustado, quedando a só un punto dos postos de permanencia. Pois ben, hai hoxe 16 anos, o noso equipo comezaba unha mala xeira de resultados, que impediu a permanencia dos nosos, cun empate na casa ante o Levante. 
O Compos, cun equipo formado por Rafa Gómez, Pinillos, Jubera, Bellido, Adriano, Nando, Jacobo Campos, Pedro Aguado, Fabiano, Ohen e Juanito, aos que engadir durante o segundo tempo a Biscay, Rodri e Cabarcos; estivo a piques de sumar unha vitoria moi importante ante o conxunto valenciano. De feito, os nosos conseguiron poñerse por diante no marcador segundos antes do final do primeiro tempo cun gol de Juanito mentres que Moha, que entrou no segundo tempo logo de quedar o seu equipo cun home menos, fixo o empate a dez minutos para o final. Dous puntos menos para un equipo que, de sumalos, conseguiría a permanencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario