26 de maio


Venres para recuperarse un pouco das festas e para lembrar dous novos finais felices. Un partido que serviu como aviso para meter unha marcha máis e rematar a promoción co primeiro ascenso á Segunda da historia branquiazul. Ademais, contaremos tamén a despedida do equipo da Preferente para, esperamos, non volver nunca máis.

26 de maio de 1991.
Logo de gañar en Mendizorroza ao Alavés abrindo do mellor xeito a fase de grupos da promoción de ascenso á categoría de prata, o Compos sufría a súa única derrota. Goleada recibida en Badajoz, no El Vivero, e que non serviu para evitar o noso ascenso ante o equipo extremeño, que rematou segundo no grupo con un punto de diferenza.
Goleada por 4-0 do conxunto local que serviu aos nosos para tomar un punto onde mellorar e non volver caer na que era a súa segunda saída lonxe de Santa Isabel con catro partidos aínda por diante, tres deles en Santiago. 

26 de maio de 2012. 
E chegamos ao derradeiro partido do Compos na Rexional Preferente. Partido ante o Boiro xa sen nada polo que loitar máis que chegar en forma ao definitivo partido ante o Barbadás por coñecer ao campión absoluto da categoría. Un encontro que serviu para que os boirenses, sen apenas esforzo, puideran facerse cos tres últimos puntos da tempada. 
Con Christian baixo paus; Rego, Castiñeiras, Germán e Bautista en defensa; centro do campo formado por Louro, Kolman, Imanol, Damián e Jacobo Tato; e Maikel na punta do ataque, aos que sumar a Pablo, Roberto Piñeiro e José Ramón, o Compos non foi quen sequera de poñer en perigo a porta local no que foi o peor partido da tempada. Un enfrontamento que se pechou con vitoria local pola mínima cun gol na segunda metade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario